+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

A Deputación organiza en marzo trinta obradoiros sobre novas tecnololoxías para autónomos e pemes


 

A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, organiza no mes de marzo 30 novos talleres dirixidos a autónomos e pemes. A interpretación de datos de Google Analytics, o funcionamento de Linkedin, a inserción de publicidade en Facebook ou a elaboración de mostrarios virtuais son algúns dos temas que se abordarán nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, ubicados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

Os obradoiros teñen unha duración media de dúas horas e son impartidos por profesionais de recoñecida experiencia. A inscrición pode facerse a través do teléfono 886 20 20 20 ou da web www.cpae20.depo.es. Neste sitio tamén atoparán información detallada do contido e do horario de cada un dos talleres.

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) consiste nunha rede de puntos comarcais que prestan servizos presenciais de información e de asesoramento sobre as TIC a autónomos e micropemes, un colectivo que representa o 92% do tecido empresarial da provincia.

Deja un comentario