+034 986 09 02 04 Martes 23 de Outubro de 2018

Expediente de reconocimiento de créditos 2016


 

O concelleiro de urbanismo, facenda e persoal Manuel Santos Costa, ven de presentar ante a Comisión Informativa de Facenda celebrada no día de hoxe o expediente que elevará ó Pleno da Corporación na vindeira sesión ordinaria que configura un expediente de recoñecemento de crédito.

Na tramitación administrativa do mesmorecóllenseunha relación de facturas de 250.000 €correspondentes a facturas presentadas no mes de decembro e no mes de xaneiro que obedecen a gastos realizados no ano anterior 2015 e para proceder óseu pago é necesario que o ser doutroexercicio o Pleno as reconoza e ordene o seu pago.

Todas obecedenó capítulo 2 do Presuposto municipal, se trata de gasto corrente en diversas áreas que por realizarse nos últimos meses do ano, e terse presentado no ano seguinte non poden tramitarse como as relación de facturas que mensualmente se realizan.

O obxectivo da área económica é proceder ó pago o antes posible, tratando así mesmo na área económica de mantero orden, as relación de facturas que teñan cada vez menos prazo desde que se presentan ata que se conforman e pagan, e de incluír como é preceptivo legalmente a presentación que se realiza da factura electrónica que xa se está en condicións de adaptar ófuncionamento normal para que os retrasos que existían xa non se produzan.

Cada vez inténtase reducir os prazos de pago, e aínda queda camiño por recorrer para lograr ir reducíndoos e evitar trámites intermedios e máisaxilidade.

A área económica realiza esforzos importantes que repercuten no funcionamente en xeral do resto de departamentos, tratando de seguir na liña marcada desde faiuns anos polo responsable Manuel Santos e que pretende seguir nesaliña de orden, seguimento e tramitación que se levafeito.

Deja un comentario