+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación colabora coa aAsociación Gallega de Linfedema editando unha guía sobre a enfermidade


A Deputación de Pontevedra editou unha guía sobre a enfermidade do Linfedema en colaboración coa Asociación Galega de Linfedema (AGL)

A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, fixo entrega hoxe destas guías para que a asociación poda facer a súa entrega o próximo domingo, día seis de marzo, que se quere instaurar como o “Día Mundial do Linfedema”.
A deputada de Cohesión Social subliñou a “importancia de colaborar con entidades como a Asociación Galega de Linfedema para dar a coñecer enfermidades como está que ademais afecta dun xeito moi importante algunhas das mulleres tratadas de cáncer de mama”. “Dende a Deputación –destacou Rivas- queremos aportar o noso pequeno grao de area para que as persoas que padecen esta enfermidade podan ter toda a información sobre ela e os seus tratamentos que é o que se reflicte nesta guía”.
Precisamente a publicación editada pola Deputación recolle a explicación da enfermidade, as complicacións, os seus tratamentos así como as medidas preventivas. Tamén inclúe os efectos que sofren os doentes da enfermidade e as estratexias para afrontalas con exercicios ou dietas que melloran a situación persoal.
O Linfedema é unha enfermidade provocada pola acumulación de proteínas (augas, sales, etc.) nas extremidades do corpo provocando o aumento do seu tamaño. No caso das mulleres tratadas de cáncer de mama coa cirurxía na axila para extirpar os ganglios ou nódulos linfáticos, existe un risco de desenvolver a enfermidade ate un dez por cento. Porcentaxe que aumenta ate o vinte cinco por cento si aplícase radioterapia na axila.
De aí a importancia de dar visibilidade e información a estes doentes, dos cales na comunidade autónoma galega estímase que poden existir preto de cen mil persoas.

Deja un comentario