+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

A alcaldesa asina convenios con dez entidades deportivas do Porriño por un total de 493.500€


A alcaldesa do Porriño, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asinou este mércores os convenios polos cales se aproban as axudas municipais a dez entidades deportivas porriñesas.

En total, o Concello destinará ao longo deste ano 493.500€-o 60% de xeito inmediato- a Baloncesto Porriño, Balonmano Porriño, Pontellas, Atios, Budiño, Patín Porriño, U.D.Mosende, Tenis Porriño, Atletismo Porriño e Club Colombófilo, de xeito que os mesmos podan desenrolar as súas actividades.

Eva García de la Torre agradeceu no acto, que se celebrou no Salón de Plenos do Concello, o traballo que realizan todos os integrantes das entidades do Porriño “facendo do deporte unha dos nosos sinais de identidade e un motivo de ledicia e orgullo para todos os veciños”.

A alcaldesa, subliñou que, como se comprometerá cando tomou posesión, e nas xuntanzas con cada un dos presidentes dos clubes, a aposta “maís decidida” do Goberno local será polo “deporte de base o cal, ademáis de garantir o relevo e a continuidade dos nosos equipos, en cada unha das disciplinas, serve para que inculcar ás nosas rapazas e aos nosos rapaces os valores do compañerismo, o esforzo, a entrega e a solidariedade que acompañan sempre á práctica deportiva”.

 

García de la Torre indicou que desde este ano, ademáis, increméntanse os requisitos de transparencia no uso que deben facer os clubes das achegas municipais, “o cal será garantía dunha xestión máis seria e rigorosa”.
A rexedora amosouse “moi satisfeita” polo feito de que o Concello siga aportando, “cada ano en maior medida”, o seu respaldo aos deportistas porriñeses e, unha vez máis, repetiu que o seu compromiso coa práctica deportiva, cos xogadores, adestradores e dirixentes, “que entregan o seu tempo, a súa dedicación e a súa vida” será sempre “total”.

Deja un comentario