+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O Concello de Ribadumia acollerá un curso para obter o Carné de Carretilla Elevadora


 

Terá lugar o sábado 19 de marzo a partir das 08:30 horas nas oficinas IDDUN CONSULTING (no polígono Industrial de Ribadumia)

O Concello de Ribadumia organiza, en colaboración de IDDUN CONSULTING, un curso para obter o carné de Carretilla Elevadora.

O obxectivo deste curso é dotar aos alumnos da capacitación necesaria para exercer como condutor de carretillas elevadoras, maximizando o rendemento da máquina; así como da información referente á Prevención de accidentes no lugar de traballo e do cumprimento da normativa vixente.

O alumno adquirirá un coñecemento amplo dos conceptos e técnicas relacionadas coas tarefas de Manipulación de Carretillas Elevadora, e dos conceptos básicos en materia de prevención e riscos laborais.

O curso terá unha duración de cinco horas (08:30 a 13:30horas) e terá lugar nas oficinas de IDDUN CONSULTING (no polígono Industrial de Ribadumia). O prazo de inscrición xa está aberto nas oficinas do Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas ou no teléfono 986718491. O prezo do mesmo é de 50€.

Deja un comentario