+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra facilita aos concellos da provincia a publicación “Observatorio local. Ideas globales para el gobierno local”


 

A Deputación de Pontevedra ofrecerá a todos os concellos da provincia un exemplar da publicación “Observatorio local. Ideas globales para el gobierno local”, que ofrece reportaxes e análises de problemas do ámbito das administracións locais.
Esta publicación analiza fundamentalmente aquelas outras feitas nos ámbitos académicos e profesionais e que afectan aos conceptos de cidade dende todos os aspectos legais, xurídicos, económicos ou en materia de urbanismo, entre outros temas. De xeito que ofrece aos dirixentes locais a información antes de que cheguen ao debate público.
“Observatorio local. Ideas globales para el gobierno local” dispón dunha rede de profesores, investigadores e profesionais do mundo local que detectan aquelas ideas que aparecen a nivel mundial, facendo unha selección delas e poñéndoas a disposición dos lectores dun xeito sinxelo para facilitar a súa comprensión.
Os concellos recibirán a publicación de xeito bimestral ao longo deste ano.
Para a Deputación de Pontevedra trátase dunha pequena colaboración cos concellos de toda a provincia para que os seus responsables podan acceder a este tipo de información que contempla a publicación que, sobre todo, no caso dos concellos máis pequenos sería difícil que a puideran obter dun xeito facilmente comprensible.

Deja un comentario