+034 986 09 02 04 Martes 16 de Xullo de 2019

A Ludoteca de Ponte Caldelas celebrou o Halloween cunha festa de zombies e unha merenda especial


Máis de medio centenar de nenos e nenas disfrazados escoitaron historias de medo contadas polas súas monitoras que adornaron o centro de laboratorio de Frankenstain, cemiterio e outras escenas lúgubres

Medio centenar de nenos e nenas da Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas celebraron o Halloween cunha festa de zombiese unha merenda especial na que abundaron as sobremesas con decoración sanguinolenta a base de marmelada de amorodo e outros compoñentes avermellados.

As monitoras do centro prepararon diversos escenarios compostos polo laboratorio do doutor Frankenstain, un cemiterio, unha sala de fantasmas e outros decorados propios das películas de terror. Con luces tenues, os nenos e nenas da Ludoteca ían entrando por grupos nas diferentes zonas onde ían escoitando as historias de medo que lles ían contando as educadoras ata ser interrompidas pola irrupción dun zombie que con enormes berros e alaridos perseguía os nenos por todo o recinto.

Os nenos e nenas da Ludoteca tamén se divertiron con diferentes xogos populares adaptados para a ocasión, bailes e todo tipo de entretementos preparados polas monitoras do centro.

A xornada concluíu cunha merenda con sobremesas onde abundaron os decorados tenebrosos e a cor vermella das memerladas de amorodo e outro condimentos que daban a sensación de que estaban a comer doces sanguinolentos.

Deja un comentario