+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

López Abella participa na entrega do premio ‘Viguesa do Ano’ á coordinadora da unidade de patoloxía de mama do CHUVI, Rosa Mallo


O acto estivo organizado pola Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo e contou coa asistencia da titular da Igualdade e o delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo, Marián García Míguez, participaron no acto de entrega do Premio “Viguesa do Ano” á médico do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Rosa Mallo Alonso.

No acto, no que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, a titular de Igualdade destacou o labor de doutoras como Mallo, “fundamental para mellorar a loita contra o cancro de mama” e, incluso, “salvar vidas”.

Rosa Mallo Alonso é radióloga e desde maio de 2010 coordinadora da Unidade de Patoloxía de mama e xefa do servizo de Radioloxía do Chuvi. A Asociación de diagnosticadas de cáncer de mama (Adicam) premiouna “polo seu apoio, traballo e implicación”.

Así mesmo, tamén recibiu o Premio Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñero, polo seu traballo Estudo da evolución do cáncer de mama na área de Vigo durante o periodo 1974-2009, no que colaborou coas súas colegas Milagros Otero –radióloga- e Ángeles Corbillón -médico de familia-.

Deja un comentario