+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

A Xunta apoia con máis de 200.000 euros o funcionamento das federacións de confrarías de pescadores de Galicia


Para o control de cada un destes convenios crearase unha comisión de seguimento, composta por dous membros a designar por cada unha das partes asinantes

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou convenios de colaboración coa federación galega e coas federacións provincias de confrarías de Galicia. A través destes convenios a Xunta contribúe ao funcionamento destas entidades con máis de 200.000 euros.

Esta cantidade distribúese en 70.000 euros para a colaboración coa Federación Galega de Confrarías, 50.000 euros para a Federación Provincial de confrarías da Coruña, 60.000 euros para a de Pontevedra e 27.000 para a Federación Provincial de Lugo.

Os convenios asinados teñen como obxectivo financiar os gastos correntes que se produzan este ano como consecuencia das actividades que desenvolva cada federación. Así, algúns dos gastos subvencionables a través desta colaboración son os de contratación de persoal, amortizacións e outros gastos correntes como por exemplo arrendamentos, reparacións, material de oficina, etc.

Para o control de cada un destes convenios crearase unha comisión de seguimento, composta por dous membros a designar por cada unha das partes asinantes. Por parte das federacións serán o presidente e o secretario e dous membros por parte da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. A vixencia desta colaboración é ata o 31 de decembro de 2016.

Deja un comentario