+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

A Deputación Provincial concede ó Concello de Ribadumia unha subvención para contratar a 12 persoas desempregadas


A subvención enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal para o exercicio 2016. Liña 4 de Emprego”

A proposta que o Concello de Ribadumia solicitou á Deputación consiste na contratación de 12 persoas desempregada para o reforzo de diversos servizos. Entre estes estará a contratación de 3 peóns de obras públicas; 2 mozos de recollida de lixo (con carné camión); 1 mantedor de edificios, 2 albañís, 1 animador sociocultural, 1 monitor de educación e tempo libre e 1 persoal de limpeza. Así mesmo aprobouse unha praza de auxiliar administrativo, pendente de confirmar a ocupación para dito posto.

A día de hoxe, o Concello recibiu a resolución favorable por parte da institución provincial e a selección dos candidatos realizarase a través de oferta ó Servizo Público de Emprego Estatal.
Os interesados terán que dirixirse á Oficina de Emprego de Cambados para inscribirse nas ocupacións demandadas e os criterios de selección dan prioridade ás persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións dando preferencia ás vítimas de violencia de xénero, ós candidatos maiores de 45 anos, ós que teñan familia monoparental ou con fillos a cargo, ós candidatos con niveis de renda máis baixa e con cargas familiares, tal e como establece a orde de convocatoria.

Os contratos serán executados dende o mes de abril ao mes de decembro de 2016.

Deja un comentario