+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O DOG publica hoxe a Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de especial interese


A normativa, que axiliza os trámites e blinda a autonomía municipal, entrará en vigor o próximo 20 de marzo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de especial interese, que entrará en vigor o próximo 20 de marzo (http://goo.gl/wsn1DE).

O principal obxectivo desta normativa é proporcionar unha resposta áxil, eficaz e da máxima seguridade xurídica a aquelas situacións nas que iniciativas promovidas por órganos das administracións públicas ou de dereito público quedan paralizadas pola necesidade de acometer modificacións nos instrumentos de ordenación. En resumo, trátase de achegar solucións a aqueles proxectos que non poden ser paralizados ata a aprobación dun novo plan de ordenación urbanístico, que require sempre de tramitacións longas e complexas.

A Lei blinda a autonomía municipal, ao establecer que o informe do concellos será preceptivo e vinculante. Isto significa que se o goberno municipal emite un informe desfavorable, a Xunta arquivará o proxecto. En calquera caso, e logo da aprobación do proxecto, o concello mantén a súa autonomía e poderá acordar a suspensión das obras no caso de que non se siga o procedemento establecido neste texto, ou no caso de que os traballos non se estean axustando ao proxecto presentado.

Ademais de garantir o papel das entidades locais, a normativa obriga a que as iniciativas sexa informados sectorialmente, de acordo coa lexislación que se lles sexa aplicable. Neste sentido, cabe destacar que se fará especial fincapé na avaliación ambiental.

No texto da Lei publicado hoxe no DOG, pódese comprobar o procedemento necesario para impulsar proxectos urxentes. Así, o primeiro paso será que o órgano promotor dea traslado de dita iniciativa á consellería competente por materia, que será a que deba iniciar o procedemento para declaralo urxente ou de interese público. Precisarase dun expediente detallado, e dunha xustificación rigorosa das razóns de urxencia e excepcional interese.

Estes proxecto e a súa xustificación será remitido ao concello, para que emita un informe ao respecto. O concello, para os efectos da emisión do citado informe, someterá o proxecto a información pública durante un prazo de vinte días. Unha vez finalizado este período, deberá emitir o seu informe nun prazo de dez días. Se a postura da entidade local é desfavorable, o Goberno autonómico arquivará o procedemento. No caso de ser favorable, a tramitación seguirá o seu curso e pasará á consellería competente en materia en urbanismo, neste caso, a de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Este departamento terá que ocuparse de solicitar con carácter de urxencia os informes preceptivos de acordo á lexislación sectorial aplicable, destacando moi especialmente o da avaliación do impacto ambiental, se a normativa o esixe. Unha vez recabada esta documentación, elaborará o proxecto á Comisión Superior de Urbanismo, que se pronunciará sobre os aspectos urbanísticos. Posteriormente, e rematado este procedemento, a Consellería de MOT devolverá o expediente ao departamento competente en materia, que o elevará ao Consello da Xunta, que o aprobará, se procede, e ordenará ao mesmo tempo a modificación urbanística que sexa necesaria para dar cumprimento ás resolucións xudiciais.

Finalmente, o acordo do Consello será inmediatamente executivo e habilitará aos promotores a iniciar as obras. A aprobación conleva a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados.

Deja un comentario