+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

Case un 10% da poboación da Guarda descargou a aplicación do Concello


 

A aplicación do Concello da Guarda, nos seis meses que leva en funcionamento, xa case 1.000 descargas, o que simboliza preto dun 10% da poboación da vila. Así, as descargas para dispositivos android sumaron un total de 685 e para sistemas iOS, 185.

A meirande parte das descargas foron feitas por veciños e veciñas da localidade aínda que se supón que un pequeno número a descargou algún visitante que chegou a esta vila e coñecía a súa existencia.

Os servizos máis utilizados da aplicación son: a axenda, onde se poden revisar todas as actividades programadas dende o Concello, o lugar de celebración e o horario; os avisos, nos que se informa das actividades para ese día e tamén, por exemplo, dos cortes de auga ou de tráfico; a guía de empresas, lugar no que aparece a descrición dos diferentes negocios instalados na vila; o espazo de turismo; e a pestana de incidencias, parte na que calquera veciño ou veciña pode notificar ao Concello, de maneira instantánea, onde se está a producir unha incidencia e os traballadores informan cando a mesma está resolta.

O Concello da Guarda anima a que sexan máis os veciños e veciñas da localidade que descarguen esta aplicación no seu dispositivo para poder coñecer todas as novas, recibir os avisos e consultar dúbidas no momento.

Deja un comentario