+034 986 09 02 04 Venres 22 de Febreiro de 2019

Asinado un convenio de colaboración con BATA


Como novidades, por primeira vez incluense persoas do concello e o novo convenio recolle a posibilidade de poderse ampliar ó longo do ano

Esta mañá déuselle sinatura ó convenio entre Concello de Ribadumia e BATA, unha entidade que traballa na integración social de persoas con discapacidade.
Dito convenio permitirá contratar a tres persoas, dúas das cales por vez primeira son veciñas do propio concello, que como en anos anteriores realizarán labouras de xardinería un día a semana, dende a próxima semana ata o 31 de decembro. Ademais destas tres persoas, que estarán acompañadas por un monitor, o convenio establece a posibilidade de que o longo do ano se puidera ampliar a mais persoas ou días de traballo, o cal podería en determinados momentos supoñer un reforzo para situacións puntuais.
Para Enrique Oubiña, concelleiro de asuntos sociais, “convenios como este axudan a que persoas discapacitadas poidan integrarse no mundo laboral e a mellorar por extensión a súa calidade de vida, e dende este equipo de goberno, inda que actualmente non prevemos a ampliación, queremos deixar a porta aberta neste convenio a poder integrar a calquera veciño ou veciña que precise dar un paso neste sentido. Ademais iniciamos unha nova etapa de colaboración, onde poremos especial atención nos casos que poida haber entre os veciños e veciñas de Ribadumia, para tentar buscarlle solucións que supoñan unha mellora na ssúa calidade de vida .”

Deja un comentario