+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

O tudense Gustavo Rodríguez proclamouse Campión de España de Longa Distancia


O triatleta tudense Gustavo Rodríguez proclamouse Campión de España de Longa Distancia en Arrecife (Lanzarote), tras completar a distancias de 3 quilometros de natación, 120 quilómetros en bicicleta e 30 quilómetros de carrera a pé.

Gustavo Rodríguez, que milita nas filas do Club Cidade de Lugo fluvial, e que recentemente acadaba a medalla de bronce no Campionato de Europa de Media Distancia, rematou o Campionato de España cun tempo de 6:19:18, por diante de Nicholas Ward que fixo 6:24:50 e de Paul Santos que rematou a proba en 6:35:48.

O Concello de Tui felicita a Gustavo Rodríguez pola consecución deste Campionato de España de Triatlón de Longa Distancia, e por una tempada chea de éxitos, tanto nacionais como internacionais.

Deja un comentario