+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

A Xunta participa no acto de entrega do VI Premio Honorífico ao labor das mulleres da Estrada


Nesta edición, o Premio recaeu na empresa estradense `Axuda Servizos`

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou hoxe no acto de entrega do VI Premio Honorífico ao labor das mulleres da Estrada, co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, que esta edición recaeu na empresa Axuda Servizos, que tivo lugar esta tarde no Museo do Moble e da Madeira Estradense.

López Abella felicitou á empresa Axuda Servizos, que leva 23 anos xestionando o programa de Axuda no Fogar na Estrada, dando tamén servizo ao concello de Cuntis, e destacou que preto do 98 por cento das persoas empregadas na empresa so mulleres, polo que fizo especial fincapé en que a súa traxectoria, labor e a capacidade de xerar emprego feminino fannas merecedoras deste Premio ao Labor da Muller.

A titular de Igualdade destacou que grazas a empresas coma estas visibilizase o esforzo das mulleres en favor da Igualdade e, tal e como reza o lema da campaña institucional do Goberno galego, “Con mulleres hai Galicia, porque coa súa ilusión, tenacidade, ideas, capacidade, identidade e paixón foron, son e sodes un pilar fundamental de Galicia”

Asemesmo, López Abella incidiu en que cómpre dar o paso definitivo para que, a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres sexa unha realidade sen fisuras, sen barreiras e sen trabas, que non nos permitan seguir avanzando, polo que é necesario combater os roles e os estereotipos de xénero que seguen arraigados na nosa sociedade.
O empoderamento é fundamental para adquirir autonomía e forza que permitan ás mulleres poidan conseguir a autonomía persoal necesaria para tomar as súas propias decisións á marxe do rol tradicional propio do seu sexo. Este empoderamento permite deconstruir e desarticular os roles tradicionais de xénero e crear alternativas que posibiliten que as mulleres se vaian facendo de recursos, habilidades, capacidades e espazos para ser donas das súas propias vidas, das súas decisións e do exercicio da súa propia identidade, favorecendo o seu desenvolvemento e crecemento persoal.

Deja un comentario