+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

A Alcaldesa de Marín e mailo Concelleiro de Deportes recibiron a JEAN MARIE OKUTU, polo seu recente e xa cuarto Campionato de España de Salto de Lonxitude e de Pista Cuberta 2016


Na mañá deste luns, a Alcaldesa de Marín e mailo Concelleiro de Deportes recibiron a JEAN MARIE OKUTU, polo seu recente e xa cuarto CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SALTO DE LONXITUDE DE PISTA CUBERTA 2016, celebrado neste mes de marzo en Madrid. Okutu estivo arroupado polo seu adestrador, Javier Medrano, e pola directiva do Clube San Miguel de Atletismo.

A Alcaldesa agasallou ao atleta cun mural coa súa imaxe e felicitouno desexándolle tódalas sortes para poder acadar antes do mes de xuño, o salto de 8.15 metros que lle de a clasificación para os Xogos Olímpicos de Brasil deste ano 2016. Okutu comezará a preparar dende xa ese obxectivo co comezo da tempada ao aire libre, tempada que seguro traerá novos éxitos do xa noso consagrado deportista.

Deja un comentario