+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

Pablo Díaz presenta o seu novo traballo ‘Xente miúda, moita fartura’ este domingo no Centro Social


A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia organiza o domingo 20 de marzo, ás 18 horas, unha nova actividade de dinamización lingüística no Centro Social do Mar. Trátase da presentación do novo traballo discográfico de Pablo Díaz, “Xente miúda, moita fartura”. Este traballo fala das cousas máis próximas á vida dos pequenos e pequenas, como os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras ou celebrar en galego un aniversario. Os músicos que forman parte deste proxecto son Carmen Rey, Tito Calviño, Olga Kirk, Xabier Díaz e Pablo Díaz. Despois de Tic Tac (2010) e de Toc Toc (Premio ao mellor disco infantil de 2014) este é o terceiro traballo de Pablo Díaz para nenos e nenas.
Presentación da revista ‘Argos’ no Museo Massó
Por outra banda, o Museo Massó acolle este venres, ás 20.30 horas a presentación da revista Argos, que está dedicada aos museos e patrimonio marítimo. A obra será presentada polo profesor Álvaro Garrido, coordinador da revista, profesor da Universidade de Coimbra e consultor do Museu Marítimo de Ilhavo. A Revista Argos nace no 2013 con vocación anual, e dedicada aos grandes temas da cultura mariñeira

Deja un comentario