+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

A Biblioteca de Mos aproxímase ós 12.000 volumes dos que se benefician os seus preto de 3.000 socios


O fondo bibliográfico acaba de ampliarse en case 200 exemplares grazas a unha subvención da Xunta

A concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, anunciou hoxe a adquisición de preto de 200 novos libros para a Biblioteca Municipal de Mos, grazas á unha subvención plurianual para mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas concedida ó Concello pola consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Dita subvención atópase dividida en dúas partes: unha con cargo ó orzamento de 2015 e con importe de 1.212,82 euros; e outra con cargo ó orzamento do presente ano 2016 con e con importe de 1.006,29 euros. En total adquiríronse 176 libros, 94 o pasado 2015 e 82 este ano.

Tras estas novas adquisicións a Biblioteca Municipal de Mos conta actualmente cun fondo bibliográfico de 11.133 rexistros dos que se benefician un total de 2.690 socios.

Ante a concesión a Mos desta subvención da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixida ás bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, a edil Sara Cebreiro declarábase hoxe satisfeita, xa que “con esta axuda da Xunta puidemos mellorar considerablemente a colección bibliográfica da nosa Biblioteca Municipal”, dixo a concelleira.

Os libros mercados gracias a esta axuda autonómica son exemplares de últimas novidades en narrativa para adultos, infantil e xuvenil, elixidas en base ás peticións dos propios usuarios e usuarias da Biblioteca mediante un formulario de “adquisición de obras” que teñen á súa disposición.

Unha terceira parte do total destes libros é literatura en galego e os títulos foron elixidos de entre a lista de lecturas obrigatorias no Instituto de Mos para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, ESO, e Bacharelato.

Deja un comentario