+034 986 09 02 04 Venres 07 de Agosto de 2020

A Coral O Son dos Cantares representa a Mos nun certame de música relixiosa na Coruña


Actuarán o domingo 20 de marzo ás 20.00 horas na Colexiata de Santa María do Campo
A Coral O Son dos Cantares de Mos participará esta fin de semana no «XXVII Concerto de Música Relixiosa Cidade da Coruña» que se celebrará do 19 ó 22 de marzo.
Os membros da coral mosense declararon que se sinten orgullosos e honrados de poder representar unha vez máis ó seu municipio nun certame coral fóra da provincia de Pontevedra.
A actuación de O Son dos Cantares será o domingo día 20 de marzo ás 20.00 horas na coruñesa Colexiata de Santa María do Campo.

Deja un comentario