+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

Ponteareas proporá no Pleno baixar a bandeira da UE que ondea do balcón da Casa do Concello


 

A proposta do goberno presentarase como sinal de protesta polos últimos acordos acadados en relación ás persoas refuxiadas

O Concello de Ponteareas debatirá esta tarde unha proposta do goberno local para baixar a bandeira da Unión Europea que ondea do balcón da Casa do Concello en sinal de protesta polo prinicipio de acordo que os 28 xefes de Estado dos diferentes países que conforman o ente comunitario acadaron a semana pasada en Bruxelas. A sesión plenaria comeza ás 20:00 horas.

O documento asinado por todos eles “vulnera de maneira flagrante o dereito de asilo daquelas persoas recoñecidas como migrantes por ser vítimas de guerra e permite expulsións masivas de refuxiados hacia Turquía e incluso cara determinadas zonas de Siria, incumprindo as diferentes lexislacións nacionais, a Convención de Xenebra e as directivas europeas”, afirmou Xosé Represas, alcalde de Ponteareas.

O texto saínte do encontro de mandatarios da UE celebrado a pasada semana “vai en contra dos principios fundacionais da Unión, que defende e promove a solidariedade entre os pobos. Non podemos quedar impasibles ante algo así, pois as reminiscencias aos peores tempos vividos en Europa son inevitables”. Por iso, engade Represas, “esperamos contar co apoio de todos os grupos da corporación para aprobar esta moción”.

Deja un comentario