+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018

Lévanse a cabo diferentes melloras en diversos lugares do concello


 

O concello de Meis coa nova incorporación de 8 operarios, no seu plan de emprego, están realizando varias actuacións no municipio para acondicionar as infraestruturas e a reparación dos danos ocasionados polas inundacións pasadas.

Entre estas actuacións, encóntrase a limpeza e o acondicionamento de varios espazos nas distintas parroquias, aínda que se está a por unha particular adecuación na parroquia de Paradela, onde se celebrará unha das máis importantes celebracións do concello como é a Semana Santa, de Interese Turístico, coa instalar diferentes aseos portátiles e melloras de lugares de aparcamento.

O arranxo da ponte da Ruta Rio San Martiño concretamente no Muiño de Salcedas, que resultou bastante prexudicado nas últimas riadas, impedindo o tránsito, cos arranxos que se están levando a cabo, con materiais acordes ao contorno da ruta, permitirá nun curto prazo de tempo estar transitable para o seu goce.

No día de hoxe limpouse e acondicionouse a depuradora para o seu correcto funcionamento.

As actuacións realizadas na parroquia de San Martiño concretamente no lugar de Lamas consistiron na ampliación dos camiños aos accesos das vivendas, onde os propietarios dos terreos cooperaron cedendo parte destes, para poder realizar unha das obras tan necesarias e permitir desta maneira cumprir o compromiso alcanzado polo concello, para a adecuación destas entradas.

Deja un comentario