+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

O concello de Ponte Caldelas esixiralle ao SAREB por vía xudicial a demolición da estrutura de formigón do Balneario


Os informes técnicos aseguran que se detectaron grietas e que pon en perigo a seguridade do vial de titularidade municipal

O Concello de Ponte Caldelas esixirá ao SAREB, por vía xudicial, a demolición da estrutura de formigón do Balneario ao considerar un informe técnico que pon en serio risco de estabilidade o vial de titularidade municipal que discorre polo linde superior da propiedade ademáis de supoñer un problema de seguridade ante as continuas inundacións polas crecidas do río Verdugo.

Outra das razóns esgrimidas polo Concello de Ponte Caldelas para esixirlle á SAREB a súa demolición baséase no perigo que representa para os rapaces que poidan entrar nesta propiedade abandoada e que poderían sofrir un accidente.

Na denuncia que cursará o Concello de Ponte Caldelas ante o xulgado correspondente irá acompañada de sendos informes elaborados pola arquitecta municipal e a Policía Local advertindo dos serios riscos de seguridade que presenta a estrutura e xustificando a súa demolición.

Asemade, os informes técnicos cifran nuns 150.000 euros os gastos que lle podería ocasionar ao “Banco malo”, o SAREB ter que acometer os labores de derrube e desescombro da estrutura esistente.

O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas decidiu emprender a vía legal toda vez que as queixas veciñais e os requerimentos anteriores feitos desde a administración local ao SAREB non tiveron a resposta axeitada e aumenta a perigosidade que supón esta estrutura, moi deteriorada e afectada pola situación de abandono na que se atopa.

“Estamos ante unha situación de grave risco para a cidadanía, non só porque se poda meter algún chaval dentro desa estrutura senón porque tamén está ocasionando un grave problema desde o punto de vista da estabilidade do vial superior por onde discurre unha estrada bastante transitada e que por mor de non estar debidamente atendida esta construción está exercendo unha presión e un desgaste importante do propio vial de titularidade municipal polo que nos vemos na obriga de esixir, agora xa por vía xudicial, que os propietarios do terreo e da estrutura, que non é outros que o banco malo, o SAREB, cumpra coa súa obriga o máis asiña posible”, manifestou o alcalde de Ponte Caldelas.

“Desde logo non nos queda outra vía que a xudicial xa que non atenden nin aos rogos e peticións feitas polos veciños nin aos escritos que xa lle temos enviado con anterioridade advertindo da situación na que se atopa a estrutura e o perigo que representa. Ante esto, temos a obriga moral e legal de actuar en consecuencia e por eso recurriremos á Xustiza para que os responsables cumpran coa legalidade”, indicou Andrés Díaz.

Deja un comentario