+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

Plan Marco dá consellería do medio rural.- solicitude de camiño de Arealonga a Pituco.-


Redactouse o proxecto de acondicionamento de Pavimentación e mellora do camiño rural de Arealonga a Pituco, localizado no Núcleo de Arealonga, Parroquia de San Xulián.

O proxecto ten por obxecto redactar a documentación técnica necesaria para a mellora e mantemento do camiño referido e reposición do os servizos afectados correspondentes.

As características da actuación e da elección obedecen ás necesidades de cumprir os parámetros que en base a esta subvención establecen na Orde da consellería de medio rural que se financia con Fondos europeos.

O delegado de medio rural Pablo Novas propón esta actuación que establece que as actuacións proxectadas limitaranse a:

Melloras do camiño reforzando tanto o firme existente como as cunetas e
a infraestrutura de evacuación de augas pluviais.
Mantemento do firme existente no que se refire a compactación do
mesmo onde presente afundimentos localizados, así como a limpeza e
o perfilado de cunetas.

Como servizos afectados considéranse exclusivamente a rede de saneamento
público de fecais á que se deberá recrecer os pozos de rexistro.

O estado actual pódese xeneralizar como o dun camiño entre núcleos rurais
de poboación netamente inferior a 500 habitantes que presenta deficiencias de pavimentación e carece de sistema de recollida e encanamento de escorrentías
superficiais.

Obxecto de intervención:

Trátase dun camiño rural que une o núcleo de Arealonga con parcelas de Monte comunal. Conta cun ancho variable segundo tramos e o seu firme, ríxido ou flexible permite o tránsito de vehículos con distinto grao de dificultade non só polas súas dimensións senón polo estado do seu pavimento. Iso é debido ao diferente grao de deterioración en que se atopa a capa de rodaxe por acción escorrentías e falta de mantemento.

As características xeométrica son as que se describen a continuación: Lonxitude do viario: 1.033 m.

Actuacións propostas:

As actuacións para levar a cabo para cumprir co alcance da obra son:
1. Limpeza e perfilado de noiros e cunetas.
2. Dotación dunha nova canaleta sumidoiro.
3. Demolición de dados de recalces de formigón en pozos de rexistro e fresado
en empates de viarios.
4. Reposición de pavimento mediante regularización e bacheado do pavimento,
aplicación de rega de adherencia e formación de capa de rodaxe.
5. Recrecido de pozos de rexistro, arquetas e canaletas sumidoiro ata a nova
rasante.

Orzamento de execución por contrata 60.042,62, actuación solicitada no plan marco da consellería de medio rural.

Deja un comentario