+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

A Concellería de Turismo de Baiona aposta un ano máis polas visitas guiadas en Semana Santa


 

A Concellería de Turismo do Concello de Baiona aposta por ofertar visitas guiadas durante a Semana Santa. Baioneses e visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural da Vila acompañados por unha guía oficial o xoves 24, o venres 25 e o sábado 26 de marzo, ás 11:30 horas. A saída será desde a oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador).

As visitas son gratuítas e non é necesaria a inscrición previa polo que aqueles interesados en percorrer os monumentos de Baiona tan só teñen que presentarse á hora indicada na oficina de turismo situada no Paseo Ribeira.
Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira e o Centro histórico, para terminar, como broche final da visita, cun percorrido pola Casa da Navegación de Baiona

Co obxectivo de poder satisfacer a demanda de información e ofrecer un mellor servizo durante a Semana Santa, a oficina municipal de turismo, que permanece aberta todo o ano, adapta o seu horario de atención ao público durante a Semana Santa. De luns a mércores permanecerá aberta de 10:30 a 13:30-16:00-18:30. De Xoves a Sábado 10:30 a 14:00- 16:00-19:30 e domingo 11:00 a 14:00-16:00-19:00.
A Concellería de Turismo, que dirixe Beatriz González, organiza cada ano estas visitas para ofrecer ao visitante unha visión máis profunda sobre a historia da Vila e os seus amplos recursos históricos, patrimoniais e naturais.

Para máis información: Oficina de Turismo de Baiona. Tel. 986 68 70 67; oficinadeturismo@baiona.org

Deja un comentario