+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

O concello de Ponte Caldelas pide á Xunta que mellore a recepción das canles de TDT no municipio


Andrés Díaz pediu que os cambios de módulos no poste emisor de Pazos se fagan coa máxima celeridade para evitar molestias aos televidentes do municipio

 

O Concello de Ponte Caldelas dirixiuse aos responsables técnicos da Xunta en Galicia en materia de implantación e conservación da TDT no municipio que fagan o posible por mellorar a recepción das canles de televisión que se emiten por este sistema e que presentan problemas en varios lugares tanto da vila como do resto do concello.

Asemade, o alcalde Andrés Díaz manifestou que pese a non ser unha competencia municipal, “trasladámoslle á Secretaría Xeral da Xunta competente nesta materia as queixas recibidas no Concello por varios veciños que denunciaron que o sinal dalgúns canles estase deixando de recibir, ou cáptase dun xeito irregular, o que impide o seu correcto visionado. Ao parecer acometeranse de inmediato melloras no poste emisor de Pazos para resolver estos problemas canto antes. Estaremos moi pendentes para que estes traballos se fagan canto antes e permitan que os veciñas e veciños de Ponte Caldelas podan recibir nas mellores condicións posibles unha amplia oferta de canles televisivos a través da TDT”, sinalou o rexedor.

Ao parecer un dos problemas que se está xerando en Ponte Caldelas coa TDT ven derivado da necesidade de actualizar no poste emisor de Pazos do módulo 45 que alberga, entre outras canles, a Boing, Mega e Energy e tamén pola necesidade de mudar a 13 TV tamén a ese módulo 45 o cal está a provocar unha situación de interinidade no sinal que provoca que nalgúns lugares do municipio se deixen de recibir estes e outras canles.

Deja un comentario