+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

Miriam Pérez sitúa ao Club de Patinaxe Artístico CPA Gondomar no panorama internacional


O pasado 1 de novembro o Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar alcanzou o quinto posto na Copa de Europa celebrada en Luso, Portugal, coa patinadoraMiriam Pérez no seu debut dentro da categoría xuvenil.
Miriam, de 16 anos de idade e unha das 3 representantes españolas no campionato europeo, enfrontábase en Portugal ás italianas, escola referente mundial, polo que a posición alcanzada é dobremente celebrada por un club que tan só ten 10 meses de vida.
O CPA Gondomar creouse en xaneiro do presente ano grazas aDavid Figueroa, adestrador de recoñecido prestixio internacional e instrutor nas escolas deportivas de Gondomar, quen considerou o gran número de nenos na localidade e a inexistencia dun club de patinaxe artística como factores determinantes para a creación dunha formación nova. A maior dispoñibilidade de horas de adestramento ofrecidas polo Concello no colexio de Donas foi clave para o crecemento do club.
Miriam Pérez iniciouse aos 8 anos no mundo da patinaxe da man de David Figueroa e, dende entón, traballou sempre con el obtendo numerosos éxitos como a medalla de ouro no Campionato de España 2010.
O CPA Gondomar conta xa con 45 deportistas, 11 deles en competición en todas as categorías dos campionatos nacionais (a excepción da infantil) e no campionato internacional europeo recentemente disputado, cun novo reto este fin de semana no Campionato de España Cría que se celebra en Ripollet e onde a críaXosé Cruz, con tan só 8 meses no Club, demostrará as súas competencias deportivas.
O Club asegura que o éxito alcanzado en tan pouco tempo se debe á conxugación de tres factores fundamentais: os nenos e nenas integrantes pola súa tenacidade e constancia, o traballo, dedicación e paixón de David Figueroa e a filosofía de traballo serio e ben feito do club.
Tanto o club coma o Concello de Gondomar celebran así o bo funcionamento desta nova formación deportiva augurando futuros éxitos e recoñecementos que axudan a valorar a calidade deportiva do Val Miñor e situar a Gondomar nos escenarios deportivos nacionais e internacionais.

Deja un comentario