+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

O Concello convoca unha reunión para informar da renovación de licencias das colareiras


 

A reunión celebrarase mañá mércores ás 20.30 horas na Sala das Cunchas do Concello

As licencias de venda de colares tanto na zona da Illa da Toxa como no Porto do Grove, concedidas segundo o regulamento aprobado no ano 2010, sométense neste ano ao correspondente proceso de renovación. Co fin de informar adecuadamente aos interesados e interesadas (actuais concesionarios desta licencia) mañá, mércores, celebrarase unha reunión na que se informará sobre o procedemento administrativo preciso para poder contar coa perceptiva renovación.

Lémbrase que a concesión de vendas de colares realízase segundo unha ordenanza específica que perseguía a conservación da profesión como actividade tradicional do Grove. O cambio das concesións está limitado, polo tanto, aos familiares directos dos titulares e tamén a o cumprimento da referida normativa.

Deja un comentario