+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

O concello aproba a lista provisional de admitidos e excluídos na primeira fase do Plan de Conservación


O Concello de Bueu xa ten publicada na súa web a lista provisional de admitidos e excluídos na primeira fase do Plan de Conservación no que se van contratar a vinte e cinco persoas: quince peóns, un oficial de carpintaría, un oficial soldador, un oficial pintor, un oficial albanel, un peón de construción, dous axudantes de xardinaría e dous axudantes de instalador electricista. Os contratos serán de seis meses, excepto para os de axudantes de instalador electricista que serán de oito, por necesidades específicas de produción.
Os interesados poden consultar a lista de admitidos e excluídos na web municipal, e dispoñen dun prazo de tres días hábiles para emenda de documentación, de ser o caso.
Este plan de emprego está financiado pola Deputación de Pontevedra, aínda que hai que salientar que o Concello de Bueu aplicará unha compensación salarial, tal e como vén facendo nos últimos anos, para equiparar os soldos dos contratados cos dos traballadores municipais.
A segunda fase de contratación levarase a cabo de cara ao verán e nela vanse incluír tres postos de auxiliar administrativo e dous de monitores deportivos.

Deja un comentario