+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

O Museo Massó de Bueu organiza unha morea de obradorios didácticos gratuítos para centros de ensino


 

O Museo Massó organiza unha morea de obradoiros didácticos gratuítos para os centros de ensino. A reserva deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10 e as 20 horas, de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.
A oferta de obradoiros é moi variada, aínda que as novas propostas para este curso son as seguintes:
– Estrela polar: dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos, está ideado para desenvolverse de xeito activo e participativo no que os escolares poidan asimilar os conceptos básicos mediante o xogo.
– B de Balea: os nenos e nenas de entre 3 e 5 anos irán descubrindo as características das diferentes especies de cetáceos e porque se cazaban antigamente, así como os motivos polos que se abandonou esta práctica en moitos países.
– A caza da balea: para nenos de 6 a 9 anos, que terán que atopar unha pezas agochadas no museo, mediante un xogo de pistas. O obxectivo deste obradoiro é achegar os contidos da exposición temporal “De Punta Balea a Cabo Morás”.
– Punta Balea: para nenos e nenas de 9 a 12 anos, quen terán que obter información de como foi a evolución da industria baleeira. A partir da exposición “De Punta Balea a Cabo Morás” irán recoñecendo e relacionando obxectos, imaxes e palabras que axudarán a descifrar unha mensaxe.
Ademais, tamén se impartirán os obradoiros “Cousas da praia”, “Mar á vista”, “Sentir o museo”, “Sardiñas para unha lata”, “En busca do tesouro”, “A Balea”, “Mensaxe nunha botella”, “O que o mar non quere”, “Seguir o rumbo. A agulla de marear”, “O mapa do mariñeiro. A carta náutica”,”Ex-libris”, “Atando cabos. Nós mariñeiros”, “O sal do mar” e “Orientarse no mar”. Toda a información está na páxina web do Museo Massó: http://museomasso.blogspot.com.es/.

Deja un comentario