+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra clausura o obradoiro de emprego “Coidando os nosos maiores”


“Coidando os nosos maiores”, destinado a menores de 30 anos en desemprego, certifica profesionalmente ó alumnado en atención sociosanitaria a persoas dependentes

As deputadas delegadas de Emprego e Cohesión Social e Xuventude, Montse Magallanes e Digna Rivas, clausuraron hoxe o obradoiro de emprego “Coidando os nosos maiores”, que tivo lugar entre o 30 de setembro de 2015 e o 29 de marzo de 2016, coa entrega de diplomas ás mozas e mozos menores de 30 anos desempregadas que participaron na formación.
A través deste obradoiro, organizado e impulsado pola Deputación de Pontevedra, dotóuselle ó alumnado da formación para a obtención do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
A deputada de Emprego, Montse Magallanes, destacou que “Coidando os nosos maiores” “tiña por obxectivo impulsar iniciativas para mellorar a formación e empregabilidade, potenciando que o alumnado, mozas e mozos menores de 30 anos en desemprego, se achegue á realidade laboral e teña unha experiencia enriquecedora”. Magallanes agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia neste proxecto así como o enorme interese e esforzo do alumnado e profesorado, “grazas á cal estou segura de que acadaremos os obxectivos que nos plantexamos con este obradoiro”.

Deja un comentario