+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

Mos sacará próximamente a licitación o transporte municipal


Dende o Concello estímase que estará en funcionamento de cara ó vindeiro verán

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, e os xurídico e secretaria municipais reuníronse onte pola mañá en Santiago de Compostela coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas de Santos, para ultimar os trámites previos á posta en marcha do Plan Municipal de Transporte.

Durante a xuntanza abordáronse as alternativas posibles tratando de buscar a máis óptima para que o Plan Municipal de Transporte sexa unha realidade canto antes e o inicio do seu funcionamento se demore o menos posible no tempo. Deste xeito técnicos e representantes políticos de ambas administración, local e autonómica, constituíron unha mesa de traballo matinal durante a xornada de onte para tratar de deseñar a estratexia máis eficaz e rápida para poñer en marcha canto antes o transporte municipal.

O paso a dar a continuación é sacar a licitación a concesión, para que tódalas empresas que estean interesadas en optar a xestionar o transporte municipal mosense poidan presentar as súas ofertas culminando coa contratación dunha delas como concesionaria e poñendo en marcha, a continuación, o devandito servizo de transporte; que dende a administración local estímase que será de cara ao vindeiro verán.

O proxecto inicial do transporte municipal presentado polo Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia vecinal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.

“Este plan correspóndese ó proxecto de transporte municipal que o Partido Popular de Mos presentou como parte do seu programa electoral nos pasados comicios locais”, segundo declaraba a rexedora mosense.

Sobre este Plan de Transporte Municipal Arévalo explicou que constará dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área.

Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana.

Neste sentido, Arévalo destacou a importancia deste plan que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

Deja un comentario