+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O Concello do Grove remata o proceso de contratación de 15 traballadores a través do Plan da Deputación


A segunda fase iniciarase no mes de maio

O Grove, 6 de abril de 2016. O Concello do Grove, a través da subvención da Deputación Provincial dentro do Plan de Obras e Servizos ven de completar a contratación da metade dos postos de traballo solicitados. En total son 15 persoas que se atopaban en situación de desemprego e que se incorporarán de xeito inmediato as distintas labores de mantemento e conservación que se desempeñan no Concello.

A partires do mes de maio iniciarase unha segunda fase para a contratación do cincuenta por cento restante. O proceso realizarase, ao igual que nesta primeira fase, a través das ofertas de emprego tramitadas ante o Servizo de Emprego Público de Cambados; os candidatos deben ser persoas desempregadas e que non perciban nin prestación por desemprego, nin subsidio inda que si poden recibir prestacións sociais (RISGA, RAI, Prepara e similares).

Para poder acceder aos postos ofertados, os interesados deberán estar inscritos nas ocupacións ofertadas para o cal deberán dirixise á súa oficina de emprego ou a servizo de orientación do Concello do Grove (situado no Edificio Administrativo). Os diferentes proceso de contratación publícanse na web do Concello – sección de emprego – e tamén se difunden a través da páxina de Facebook “O Grove Emprego” do Concello.

Deja un comentario