+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

O concello de Ponte Caldelas procede a podar a Alameda de Tourón en cumprimento dunha petición veciñal


Tamén se están levando a cabo accións similares en Vilarchán, Santana, A Insua, CEIP Cordo Boullosa e a Alameda de Ponte Caldelas así como en zonas comúns e torreiros das festas

O Concello de Ponte Caldelas procedeu a realizar labores de poda e conservación nas árbores que conforman a alameda situada no torreiro das festas de Tourón, ao carón do atrio da igrexa e que dan realce á casa do pobo. Este labor tamén se está levando a cabo en Vilarchán, Santana, A Insua, zonas comúns e torreiros das festas, así como a Alameda de Ponte Caldelas e o CEIP Cordo Boullosa, para evitar posibles situacións de perigo para os cativos por mor das árbores.

Todos estas actuacións acometeranse a petición de distintos colectivos e tamén por suxestión veciñal feita ante o Concello de Ponte Caldelas co fin de preservar o ornato e a seguridade das zonas arboradas públicas existentes no municipio.

Por outra banda, sinalar que os operarios municipais procederon á recollida dos restos vexetais resultantes da poda co fin de ser tratados axeitadamente e ser retirados do torreiro das festas de Tourón.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, manifestou que con esta actuación se da cumprimento a unha das peticións feitas polos veciños de Tourón nunha asemblea parroquial celebrada hai meses nos que se recolleu diversas suxerencias e propostas dos asistentes co fin de mellora-la calidade de vida dos habitantes da zona.

Andrés Díaz indicou que a participación nestes traballos dos operarios municipais abaratan sustancialmente os labores a realizar para a conservación e ornato desta emblemática alameda de Tourón composta fundamentalmente por frondosos falso-plátanos que precisan dunha atención periódica para evitar un crecemento desproporcionado e unha salubridade do especímen axeitada.

Deja un comentario