+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

Un domingo repleto de actividades no concello de Meis


A Asociación O Xaramelo, en colaboración co concello de Meis e Fruga, organizan un ano máis, a IV feira de “Troco de Sementes” e produtos ecolóxicos que, se celebrará en Meis este domingo 10 de abril, na Praza da Feira na localidade de Mosteiro.
Esta feira consiste en intercambiar variedades de sementes con outras persoas, de maneira totalmente gratuíta, co único requisito de volver ao ano seguinte.
A apertura dos postos será ás 10 da mañá, e desenvolverase durante todo o día, nela poderemos atopar diferentes postos con produto ecolóxicos, embutidos de porco celta, cosméticos e plantas medicinais, sobre estas últimas manterase unha charla no Centro Multiusos de Mosteiro ás 18:00 horas, onde tamén se tratará o tema da Bio-Construción.

OBRA DE TEATRO “O DÍA DO PAI” NO AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Ás 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, poderemos gozar da obra de teatro “O día do pai”, da compañía Malasombra, dirixida a maiores de 16 anos. Unha comedia de 75 min, baseada no desexo de Manuela, unha moza solteira que decidiu ser nai e busca nunha clínica de reprodución asistida, o home ideal para que sexa o pai do seu fillo.

Deja un comentario