+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O concello do Porriño premiado polo seu traballo a prol do deporte fiminino de Galicia


A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, recollerá o vindeiro día 22 deste mes de abril no concello de Allariz o premio que a Asociación Mulleres Deportistas de Galicia (MUDEGA), ven de conceder por segunda vez ao Concello do Porriño.
Mudega recoñece a laboura, feita a prol do deporte feminino de Galicia por deportistas, adestradoras, xuizas deportivas, clubes e entidades públicas, unha distinción que este ano recaeu no Concello do Porriño por conquerir a visibilidade do deporte practicado polas mulleres e o seu aprecio e coñecemento por toda a sociedade.
A alcaldesa sinalou que “este premio pertence aos centos de deportistas porriñesas que fan que todas as veciñas e veciños nos sintamos orgullosos da súa entrega, os seu esforzó e o resultado do mesmo que fan do deporte do Porriño unha referencia dentro e fora de Galicia”.
Eva García de la Torre lembrou que cinco mulleres dirixen outros tantos clubes locais: Araceli Lorenzo, á fronte do Baloncesto Base; Raquel Acuña, presidenta do Club de Fútbol Pontellas, Eva María Domínguez, do Club de Fútbol San Salvador de Budiño, Patricia Diz, que rixe o Clube Atletismo Porriño e Mercedes Díaz, presidenta da Club Patín Porriño, “todos eles punteiros nas súas categorías, dende as competicións galegas ata as internacionais e, o que é maís importante, referentes na formación de novas deportistas”.
Froito da laboura dos clubes do Porriño son os éxitos de deportistas como a palista Carla Pérez, a baloncestista Mónica Jorge, medalla de Prata na categoría sub-20 coa Selección Española no Europeo de Baloncesto de 2009; a triatleta Iria Rodríguez, recente medalla de Prata no Campionato de España de Triatlón Escolar; a atleta María Martínez, as promesas do balonmán, Aitana Santomé, e da ximnasia, Mónica Rodríguez, ou unha das máis grandes deportistas porriñesas de todos os tempos, Begoña Fernández, Medalla de Bronce coa Selección Española de Balonmán nos pasados Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Grazas á súa entrega e ao seu talento, dentro dunha semana, O Porriño atraerá a mirada de todo o deporte español ao acoller a Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán na cal, durante tres días, competirán as mellores equipos de España e moitas das mellores xogadoras europeas, entre elas as porriñesas.

Deja un comentario