+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

Cotobade adquire 200 exemplares do libro da súa historia, de Fortes Bouzán


 

O obxectivo do concello coa compra destas obras pasa por “promocionar a nosa cultura e historia”, segundo explicou Cubela

O Concello de Cotobade acaba de pechar a adquisición de 200 exemplares do libro “Historia das Terras de Cotobade”, un completo manual que fai un amplo repaso a todo o percorrido pola traxectoria do municipio escrito por Xosé Fortes Bou zán. Deste xeito, o concello dá forma á colaboración co autor e coa editora ao tempo que favorece a difusión da historia das terras do Canón de Pau.

Esta iniciativa cultural e literaria foi presentada polo alcalde, Jorge Cubela, xunto cos concelleiros Fernando Vázquez e María Pichel. O obxectivo do concello coa compra destas obras pasa por “promocionar a cultura e a historia destas terras sen perder de vista a importancia que pode ter no eido educativo”, explicou Cubela, que lembrou a prolífica aportación de Cotobade ao mundo da cultura e da literatura.

“Somos un concello de referenza, por historia e por nomes, no eido da cultura e da literatura e queremos potenciar estas áreas na medida do posible porque un pobo que coñece a súa historia, as súas tradicións e o seu percorrido é un pobo máis desenvolvido”, apostillou o rexedor.

Deja un comentario