+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Medio ambiente finaliza unha actuación de mellora e mantemento no Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas


Augas de Galicia levou a cabo esta acción de conservación fluvial que melloraron case un quilómetro deste río 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar unha acción de conservación no río Verdugo, no Concello de Ponte Caldelas. Esta tarefa que realiza Augas de Galicia tivo por obxectivo intentar evitar posibles asolagamentos, e as súas consecuencias, nas etapas de choivas abundantes e intensas, sobre todo nas proximidades das pontes nas que se adoitan a depositar material de arrastre.

Neste caso concreto, actuouse nun tramo de case un quilómetro e os traballos realizados consistiron na retirada de atasco por troncos e ramas que formaban atoamentos de distintos tamaño no leito do río, así como de madeira morta. Todos estes labores tiveron un custo aproximado de 2.000 euros. Nas imaxes pódese observar o antes e despois das melloras realizadas:

 

Cabe recordar que os traballos de roza están recollidos dentro do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia promove.

Deja un comentario