+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

Cubela: “Se a credibilidade de Díaz coa súa proposta de fusión é a mesma que a amosada co crematorio, imos aviados”


 
“Baseou a súa campaña anunciando a revocación da licenza malia que sabía que o proceso era legal”, di Cubela para criticar a súa falsedade

O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, quixo respostar ao seu homólogo de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, ante as súas constantes mencións ao longo desta semana ao proceso de fusión entre Cotobade e Cerdedo lamentando a súa falta de fiabilidade e de lealdade. “Se a credibilidade de Andrés Díaz coa súa proposta de fusión entre Cotobade e Ponte Caldelas é a mesma que amosou co crematorio, a verdade é que imos aviados”, sinalou Cubela, en referenza a sentencia xudicial que respaldou a licenza para este recinto malia que Díaz aseguraba, antes de ser rexedor, que revocaría dito permiso.

“Pasou semanas dicindo que era unha cacicada do PP, pero a realidade e a lei son teimudas, e, aínda que un recinto así nunca é de bo gusto, o feito é que o anterior goberno caldelán tivo que dar a licenza porque cumpría a lei. E ademais, proba da súa neglixencia e falla de credibilidade, e que baseou a súa campaña anunciando a revocación da licenza malia que sabía que o proceso era legal e que non podería facelo. Agardo que minta por descoñecemento”, explicou.

Respecto a súa defensa da Deputación, Cubela replicoulle que a el e ao pobo de Cotobade “a Deputación no nos trata de xeito independente, senón con sectarismo” e explicoulle que as competencias das fusións non son provinciais, “tenas a Xunta, pero estou habituado a súa desinformación”. Ademais, ante as críticas de Díaz polo feito de que non se fía da Deputación, o rexedor cotobadés incidíu neses termos: “Ou non le os xornais ou non entendo porque se sorprende cando digo que non me fío da Deputación. O trato que ten con Cotobade é para non fiarse”.

O alcalde tamén lamenta que Díaz fale “gratuitamente” de pedir informes independentes e do expediente de fusión “sen coñecelo” e criticou que menospreze o ditame da Universidade de Santiago: “De verdade se cre que un profesor titular e experto xurista vaise xogar o seu prestixio por facerlle un favor a Cotobade? Cre que está prevaricando?”.

Cubela tampouco comparte os comentarios “despectivos” de que Cotobade e Cerdedo conformarían un concello “de segunda” vertidos por Díaz e admitíu que si lle importa que a capital estea en Carballedo: “Non sei como defende el a Caldelas, aínda que me parece que pouco, pero eu son o máximo defensor dos intereses de Cotobade e dos seus veciños e claro que me importa que a referenza do novo municipio estea en Carballedo”.

Deja un comentario