+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O psiquiatra Víctor Pedreira pronunciará unha conferencia sobre “a depresión na sociedade actual” este venres no Centro Cultural de Ponte Caldelas


 

O doutor centrará a súa intervención na “depresión reactiva”, o seu tratamento e tamén falará dalgunhas estratexias para a súa prevención

O psiquiatra coruñés Víctor Pedreira Crespo protagonizará este venres a partir das 20 horas unha conferencia no Centro Cultural de Ponte Caldelas sobre “A depresión na sociedade actual” que estará aberta ao público que poderá participar dun coloquio posterior co prestixioso doutor.

Pedreira Crespo aproveitará a súa estancia en Ponte Caldelas para falar dos distintos tipos de depresión e das súas diferentes causas e centrarase especialmente na chamada “depresión reactiva”, que é a máis frecuente e está relacionada coas circunstancias e acontecementos adversos da vida cotiá. Asemade, abordará, de xeito máis específico, o impacto da crise económica no estado emocional das persoas.

Outra cuestión que será abordada na súa conferencia será a relacionada co tratamento da depresión, tanto farmacolóxica como psicolóxicamente e mencionará algunhas estratexias para a súa prevención.

Víctor Pedreira Crespo, entre outras moitas responsabilidades, foi xefe do Servizo de Psiquiatría do Hospital Provincial de Pontevedra, director médico do Psiquiátrico do Rebullón de Vigo, responsable do Plan Galicia sobre Drogas e da Rede de Saúde Mental e lle foi concedida polo Ministerio de Sanidade a Cruz Branca da Orde do Mérito do Plan Nacional sobre Drogas.

Deja un comentario