+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O concello de Bueu contratará seis auxiliares de Policía Local para a tempada de verán


O Concello de Bueu acaba de publicar na súa web as bases para a contratación de seis auxiliares de policía local para a tempada de verán, se ben o prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do devandito anuncio no BOP.
Tal e como estipulan as bases, a contratación sería de catro auxiliares por un período de tres meses, e de dous durante dous meses.
As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ao alcalde que estarán dispoñibles na páxina web e no Rexistro do Concello, ademais de que os aspirantes deberán someterse a unha serie de probas selectivas. A primeira vai dirixida a comprobar a estatura e a aptitude física, mediante os exercicios de forza, resistencia, axilidade, flexibilidade e velocidade. A continuación desenvolverase unha proba de coñecementos sobre o dominio dos contidos incluídos no temario do anexo e sobre a toponimia local. O último exercicio consistirá na tradución dun texto do galego ao castelán e outro do castelán ao galego, cuxa función é comprobar o grao de coñecemento da lingua galega (do que estarán exentos os que acrediten o CELGA 3).
As bases tamén establecen que todos os aspirantes que teñan superado o proceso de selección deberán participar nun curso de formación que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública, salvo no caso de que se teña certificado de asistencia do citado curso.
Todos os interesados/as poderán ver xa as bases na web municipal e no taboleiro de anuncios.

Deja un comentario