+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

O alcalde da Lama supervisa las labores de poda e limpeza no campo da festa de Gaxate solicitadas polos veciños e comproba o funcionamento das dúas estufas de pellets instaladas no Centro Social da parroquia


 

Jorge Canda comprobou a necesidade de mellorar a zona axardinada existente xunto ao Teleclub de Gaxate polo que enviará unha cuadrilla para realizar diversos arranxos e dotación de céspede a esta zona verde

O alcalde da Lama, Jorge Canda, supervisou os labores de poda, limpeza e recuperación das árbores que conforman a alameda do campo das festas de Gaxate tal e como lle era solicitado polos veciños desta parroquia que consideraron necesario realizar estes traballos para garantir a conservación destas árbores centenarias.

Os operarios municipais procederon a realizar labores de saneamento vexetal con podas selectivas das ramas existentes así como a realizar tratamentos adecuados nas árbores que precisaban da atención necesaria para garantir a súa supervivencia e esplendor habitual.

Así mesmo, o alcalde Jorge Canda aproveitou a súa visita á zona para comprobar o funcionamento das dúas estufas de pellets recentemente instaladas no Centro Social de Gaxate e que eran tamén moi demandadas polos usuarios do Teleclub que soportaban as baixas temperaturas deste inverno.

Jorge Canda manifestou o seu desexo de ir completando ao longo desta lexislatura de toda unha serie de investimentos e dotacións nos centros sociais das distintas parroquias do municipio co fin de que poidan seguir sendo lugares de reunión veciñal nas mellores condicións posibles.

Por outra banda, o alcalde da Lama confirmou tamén a súa asistencia á comida organizada pola comisión de festas de Gaxate e que terá lugar nos baixos do Teleclub este domingo co fin de que sirva de ocasión para un reencontro veciñal á vez que xera recursos para organizar as actividades festivas parroquiais deste ano.

Deja un comentario