+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O concello de Ponte Caldelas solicítalle á Xunta a creación de sendas entre A Insua e Silvoso, Vilarchán e A Reigosa e en Tourón


Andrés Díaz congratúlase de que os concelleiros do PP consideren idónea estas propostas e anímaos a seguir respaldando as iniciativas do equipo de goberno

O Concello de Ponte Caldelas confirma que realizou a principios de mes a solicitude, ante a Xunta de Galicia, da creación de sendas peonís entre os lugares de A Insua e Silvoso, entre Vilarchán e A Reigosa e en Tourón, dentro do Plan de Fomento da Mobilidade Sostible ofertadas pola Consellería de Infraestruturas a través da Axencia Galega de Infraestruturas.

O alcalde, Andrés Díaz, manifestou que o equipo de goberno respostou de xeito casi inmediato á invitación cursada pola Consellería para ofertar canto antes estas tres sendas peonis que non só permitirán a vertebración de lugares como os de A Insua e Silvoso, ou Vilarchán e A Reigosa, senón que melloraríase a seguridade viaria destas transitadas estradas autonómicas moi utilizadas polos viandantes que as usan nos seus desprazamentos.

Asemade, Andrés Díaz congratulouse de comprobar que os concelleiros do PP consideran tamén idónea esta petición, no caso de A Insua e Silvoso, e anímaos a “seguir respaldando as iniciativas que realiza o equipo de goberno” e tamén convídaos a “redobrar e compartir esforzos ante a Xunta do PP para que inclúan tamén ás sendas entre Vilarchán e A Reigosa e Tourón, como solicitou xa o equipo de goberno”, indicou o alcalde de Ponte Caldelas.

“Para o novo equipo de goberno é unha prioridade a vertebración territorial, favorecer a mobilidade e a interrelación veciñal entre os distintos núcleos rurais existentes e que tradicionalmente manteñen unha relación social que se prolongo moitísimos ano no tempo. Agora, coas novas estradas, máis rápidas e modernas, feitas para os automóbiles, precisan de servizos alternativos e integrados no medio natural que favorezan o uso dos peóns con seguridade vial suficiente para que non se acaben convertindo nunha trampa mortal por culpa dos atropelos que se producen. Por iso, avanzamos na idea de crear sendas peonís con garantías de seguridade polo que aproveitamos este Plan da Xunta para incluir estas tres primeiras sendas, como primeiro paso no noso municipio, para seguir avanzando por este camiño noutros lugares onde tamén son necesarias”, sinalou Andrés Díaz.

Deja un comentario