+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

Medio Ambiente estudará diversos proxectos de mellora e acondicionamento de Cotorredondo


 

Representantes da Xunta, a alcaldesa de Marín, e membros das comunidades de montes mantiveron unha xuntanza hoxe en Pontevedra para abordar vías de colaboración

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estudará diversos proxectos para mellorar e acondicionar o espazo natural de Cotorredondo.

Así se acordou nunha xuntanza de traballo que se celebrou en Pontevedra. Á mesma asistiron, por parte da Xunta, a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz; o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto; e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Ademais, tamén participou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e representantes das comunidades de montes de San Xulián e Santo Tomé.

No encontro, que transcorreu cun ton moi cordial, abordouse a colaboración da Administración autonómica na mellora deste contorno natural. En concreto, acordouse que as comunidades de montes remitirán proxectos de interese ao Goberno autonómico, que os estudará para, posteriormente, planificar actuacións concretas de acondicionamento deste espazo.

Deja un comentario