+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

O concello de Bueu abre o prazo de presentación de solicitudes para a contratación de seis auxiliares de policía


O Concello de Bueu abre a partir de mañá e durante cinco días hábiles o prazo para presentar as solicitudes para optar á contratación de seis postos de auxiliares de policía local para a tempada estival. As bases poden verse no taboleiro de anuncios e na web municipal, e establecen que se van contratar catro auxiliares por un período de tres meses, e de dous durante dous meses.
As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ao alcalde que estarán dispoñibles na páxina web e no Rexistro do Concello, ademais de que os aspirantes deberán someterse a unha serie de probas selectivas. A primeira vai dirixida a comprobar a estatura e a aptitude física, mediante os exercicios de forza, resistencia, axilidade, flexibilidade e velocidade. A continuación desenvolverase unha proba de coñecementos sobre o dominio dos contidos incluídos no temario do anexo e sobre a toponimia local. O último exercicio consistirá na tradución dun texto do galego ao castelán e outro do castelán ao galego, cuxa función é comprobar o grao de coñecemento da lingua galega (do que estarán exentos os que acrediten o CELGA 3).
As bases tamén establecen que todos os aspirantes que teñan superado o proceso de selección deberán participar nun curso de formación que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública, salvo no caso de que se teña certificado de asistencia do citado curso.

Deja un comentario