+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Instalado un columpio adaptado no parque infantil da praza o concello


A peza reforza así o parque infantil, e permite que nenos con discapacidade disfruten tamén dos xogos públicos

O Concello de Ribadumia acaba de instalar en días pasados un novo columpio no parque infantil da Praza do Concello.

A peza, que tivo un custe de 2.940€, é un columpio cesta, que permite o uso de nenos que teñan algún tipo de discapacidade física que lle impida ou lle dificulte usar os columpios correntes.
Con esta actuación, ademais da aposta pola integración das persoas con discapacidade dende a infancia, pretendese reforzar este parque infantil, sito no centro do núcleo de Barrantes, que é un dos parques mais utilizado do concello.

Deja un comentario