+034 986 09 02 04 Martes 22 de Maio de 2018

O concello de Ponte Caldelas reorganiza o tráfico en varias rúas do centro da vila tras peonalizar parte da avda. de Vigo para favorecer a segurdade vial e ampliar a superficie adicada aos vendedores ambulantes e fortalece-la feira


 

Esta media, que só se aplicará durante os días de mercado, os 5 e 20 de cada mes, permitirá gañar en comodidade para as persoas que fan as súas compras ao tempo que se mellora o espazo para “tentar recupera-lo esplendor desta feira, referente na bisbarra”

O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas decidiu reorganizar o tráfico en varias rúas do centro da vila tras peonalizar os días de feira (5 e 20 de cada mes) parte da Avenida de Vigo co fin de gañar en seguridade viaria para os usuarios do mercadillo e amplia-la superficie adicada aos vendedores ambulantes para “tentar recupera-lo esplendor que tivo noutros anos esta feira como referente comercial na bisbarra”, segundo explicou o alcalde Andrés Díaz.

Desde primeira hora do día, de mañá 20 de abril e ata as 13:30 horas, aproximadamente, a Policía Local despregará un operativo que sinalizará o espazo acotado ao tráfico rodado e determinará rutas alternativas para que podan circular os vehículos cara a outras rúas da vila sin demasiados inconvintes mantendo sin alteración o acceso aos garaxes e ás vivendas da zona.

Así, farase de dobre sentido as rúas Concepción Areal (supermercado Día) e Rosalía de Castro. No caso dos vehículos que teñan que ir cara ao Balneario terán que acceder pola rúa Concepción Areal, rodear a Praza de Antonio Orge e retomar a circulación pola Rúa Rosalía de Castro.

No caso inverso, aqueles vehículos que proveñan do Balneario, deberán subir pola Rúa Rosalía de Castro e xirar á dereita pola Rúa Concepción Areal que, como se anunciou, será de dobre sentido, para enlazar coa estrada de Pontevedra.

Con esta solución adoptada polo equipo de goberno, “gañamos en comodidade de espazo para os vendedores ambulantes ao tempo que tamén en seguridade vial para as persoas xa que poden facer as súas compras con total comodidade e tranquilidade ao non ter que estar pendentes e a expensas do paso de calquera vehículo, que tamén ocasionaba un problema no tráfico e na propia seguridade das persoas”, indicou o alcalde Andrés Díaz.

Deja un comentario