+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018

A alcaldesa do Porriño amosa o orgullo de toda a vila polo éxito da Copa da Raiña de Balonmán


A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, e outros membros do goberno local, ofreceu este martes, día, 19, no Pavillón Municipal, unha recepción a todos os integrantes da Organización da Fase Final de Copa da Raíña, disputada dende o venres ao domingo pasado no Porriño.

A alcaldesa salientou o “éxito rotundo” da cita que, engadiu, “amosou a toda España do que somos capaces os porriñeses”. Eva García de la Torre lembrou “con grande orgullo”, o balance do presidente de la Real Federación Española de Balonmán, Francisco V. Blázquez, quen asegurou que “a de 2016 foi unha das mellores Copas da Raíña da historia”.

García de la Torre agradeceu e recoñeceu “o grande traballo” do Club Balonmano Porriño e de “todas as veciñas e veciños, deportistas locais, afeizoados, dirixentes e adestradores” que fixeron posible que o nome do Porriño sexa “hoxe, de novo”, unha referencia no mundo do deporte.

De novo, a alcaldesa referiuse ás impresións do presidente da Federación española quen en todas as declaracións aos distintos medios de comunicación que cubriron a fase final do campionato sinalou, “vimos como todo o mundo apoio no Porriño aos equipos cun ambiente espectacular de deportividade e amizade que serviu para volver a salientar os valores do balonmán”.

Deja un comentario