+034 986 09 02 04 Venres 25 de Maio de 2018

Seminario ‘Servizo de rede baseado na identidade do usuario’ no centro CeMIT do Porriño, o vindeiro martes 27 de abril


A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica do Goberno de Galicia, Rede CeMIT, do concello do Porriño celebrará o seminario “ Servizo de rede baseado na identidade de usuario”.
O seminario presentará aous asistentes o servizo de rede baseado na identidade do usuario (IBNS, Identity-Based Networking Service) como tecnoloxía fundamental para a xestión de control de acceso de xeito centralizado nunha contorna corporativa.
Tras expoñer a arquitectura do servizo e como funcionan os protocolos RADIUS e 802.1x verase como implantar este servizo nunha rede corporativa e como utilizalo para mellorar o control de acceso de usuarios dende diferentes orixes: LAN. VPNs de acceso remoto, redes sen fíos e xestión de dispositivos de rede.
Para rematar amosarase un caso práctico de aplicación onde se poderá observar este servizo en funcionamento.
O relator da xornada será Javier Novoa, doutor en Informática pola Universidade de A Coruña onde é profesor do departamento TIC na área de Telemática e imparte as materias de Redes en Enxeñería Informática e Seguridade de Sistemas da Información no Máster de Enxeñería Informática. Javier Novoa é colaborador habitual do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e formador oficial do programa Cisco Networking Academy no que imparte cursos de CCNA routing & switching, CCNA security e CCNP. Posúe, entre outras, as certificacións de CCNA, CCAI, CCNA Security e CCNP
A o seminario será retransmitida o vindeiro martes 27 de abril en horario de 16:30 horas a 20:30 horas. As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.es
A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Deja un comentario