+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

Actividades que  realizaron nas Bibliotecas Municipais de Redondela en relación coa celebración do Día do Libro


En primeiro lugar, e como xa veñen facendo anualmente, as dúas bibliotecas municipais entregaron os premios “Mellores Lectores do Ano”. Este galardón distingue aos  socios, tanto infantís como adultos, que demostraron ser os usuarios máis activos no servizo de préstamo do ano anterior, neste caso, do 2015.
Os premiados deste ano foron:
No apartado infantil e xuvenil:
– Alba Sobreira (Axencia de Lectura Municipal de Chapela)
– Manuel Camino (Biblioteca Municipal de Redondela)
Na categoría adultos:
– Mª Isabel Davila (Axencia de Lectura Municipal de Chapela)
– Arximiro Soliño (Biblioteca Municipal de Redondela)
Estes premios entréganse anualmente nas datas próximas ao Día Internacional do Libro.

Ao tempo, e seguindo coas celebracións do Día do libro, as bibliotecas celebraron dous contacontos para cativos:
– “O poeta do Miño”, da man de Polo Correo do Vento, na Biblioteca de Chapela
– “Érase unha vez uns zapatos”, con Fátima Fernández, na Biblioteca de Redondela.
O contacontos de Chapela estaba plagado de referencias á biografía e mais á obra poética de Manuel María, homenaxeado das Letras Galegas deste 2016. O dúo Polo correo do Vento, formado polo escritor e narrador oral Enrique Mauricio e mais polo ilustrador Carlos Taboada, fai contacontos moi particulares, onde o contador interacciona co público ao tempo que o ilustrador debuxa a escena. Ao rematar o conto, nenos e adultos debuxaron xuntos unha caricatura de Manuel María, seguindo as indicacións do debuxante, e colorearon os debuxos de Carlos Taboada, que se quedarán na biblioteca.
Con Fátima Fernández, contadora xa habitual nas nosas bibliotecas, cantáronse e contáronse multitude de historias que fixeron as delicias de pais e nenos.
“Que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro… Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?”
Ademáis, nesta semana especial do libro as bibliotecas agasallamos a todos os usuarios que utilizaron o servizo de préstamo cun libro e un marcapáxinas.
Trátase de exemplares do libro: “Cuando Nepal tembló”, que recolle o testemuño de varios sobreviventes do terremoto que arrasou ese país, e que contou coa colaboración do concello de Redondela na súa edición. Os marcapáxinas foron editados dentro da campaña de fomento da lectura desenvolvida polas nosas bibliotecas coa Fundación Filomena Rivero Alonso, e conmemoran o 400 aniversario do pasamento de Shakespeare e mais de Cervantes.

Deja un comentario