+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

A II #BarroCervexaFest reune a 10 produtores de cervexa artesá e a gastronomía autóctona o próximo 16 de Novembro no Pazo da Crega


O Pazo da Crega congregará 10 fábricas de cervexa artesanal de Galicia na súa segunda cita

O próximo 16 de novembro no Pazo da Crega en Barro, celebrarase a II #BarroCervexaFest continuando así cunha cita que o ano pasado congregara no mesmo municipio a 4 produtores de cervexa artesanal, e que nesta ocasión reunirá nas instalacións municipais do Pazo da Crega empezando pola fábrica local, Saramagal, ademais de Menduiña de Cangas, Dama Alaricana de Allaríz, De Lago de Vigo, Cervexa Nós de Mos, Galponbier de Vilanova de Arousa, Suevia de Vilagarcía, Cervexa Meiga de Poio, Cervexa Áncora de Ourense e así como a fábrica de Sidra Ribela da Estrada.
A este grupo de produtores de cervexa e sidra, lles acompará coa gastronomía autóctona dos seus burguer galegas Facendo O Agro “Galeguesa”, que é carne de vacún, moída, prensada e adobada unicamente con especias naturais. Elaborada con carne 100% natural.
A xornada empezará ás 12.00 e prolongarase ata as 20.00 horas. Durante este horario poderanse degustar todas a variedades que presentarán as fábricas ben en billa ou en botella, as “galeguesas” e ademais haberá actividades complementarias como catas, showcooking e música.
O evento como na anterior edición está organizado pola Asociación Cultural “Amigos dá Fervenza dá Barosa” de Barro e nesta edición contará coa colaboración especial do grupo de bloggers de Galicia Gastro, ademais das entidades e fábricas participantes, e o Concello de Barro.

Deja un comentario